Ver novas tódalas cousas en Cristo
500 anos da conversión de Santo Ignacio de Loiola
Ignatius 500 é o Ano Ignaciano que celebramos para conmemorarmos o quinto centenario dunha experiencia que transformou Ignacio de Loiola para sempre e deu lugar a unha espiritualidade que facilitou o encontro con Deus de multitude de persoas de xeración en xeración. É máis ca unha conmemoración. Ademais de lembrar un acontecemento histórico de importancia universal, vivímolo como unha oportunidade de actualizar esa experiencia en nós, na nosa relación con Deus, cos demais e coa Creación.
Ignatius 500 celébrase en todo o mundo entre o 20 de maio de 2021, aniversario da ferida sufrida por Íñigo de Loiola en Pamplona, e o 31 de xullo de 2022, festividade de Santo Ignacio.

«Ver novas tódalas cousas en Cristo» é ter sempre os sentidos abertos para captar as necesidades da nosa contorna, preguntándonos en todo momento como podemos axudar a transformar a realidade. O mundo é un mundo ferido, roto; e é neste mundo onde Xesús camiñou, conversou e abrazou.
«Ver novas tódalas cousas en Cristo» é asumir as nosas propias limitacións, como fixo o propio Ignacio. Porque a historia de Ignacio, igual cá de calquera de nós, non é a dun superhome, senón a dun simple «peregrino» -como se refería a si mesmo- empeñado en se dar ós demais.


«Ver novas tódalas cousas en Cristo» é saír ó camiño para ir descubrindo ese Deus que habita e traballa en tódalas criaturas e contemplalo en todo o que nos acontece.
Novidades
El P. General, Arturo Sosa SJ ha grabado unas palabras para la Provincia de España animándonos a participar en el Año...
En su número de marzo, la revista SAL TERRAE quiere contribuir a preparar la celebración del aniversario ignaciano...

Participa
Víveo