Ignatius500 é ante todo unha invitación á conversión. Todo en torno ó Ano Ignaciano rememora o acontecemento que ocorreu na vida de Ignacio a fin de que o actualicemos nas nosas propias vidas e nos atrevamos a “ver novas tódalas cousas en Cristo”.
En España, podes sumarte a Ignatius500 de diferentes xeitos:
event
Participa
Conferencias, concertos, encontros, peregrinacións... A axenda de actividades de Ignatius500 é froito da implicación de tódolos sectores da Compañía de Xesús, CVX e a extensa comunidade ignaciana.
Axendawhatshot
Fai
exercicios espirituais. Son o froito singular da experiencia persoal de Ignacio. Un método que posibilitou o encontro persoal con Deus a persoas de contextos e culturas diversas. Ofrécense en formatos que se adaptan ás túas circunstancias: na vida diaria, en retiros de diferente duración, online, con acompañamento en grupo ou individuais.
Espiritualidade Ignacianaconnect_without_contact
Enrédate
na ampla comunidade que comparte esta experiencia online. Na nosa páxina de materiais atoparás vídeos e oracións pensados para te axudar, pero #Ignatius500 facémolo todos, tamén ti. Esperámoste.
MateriaisVen ós lugares onde se garda a memoria da conversión de Ignacio:
Loiola
Alí onde irrompeu o Espírito
Situado no idílico val do Urola, poderás visitar a Santa Casa -pazo dos Loiola- e orar na capela da conversión, así como na Basílica, unha das xoias do barroco no noso país.
Santuario de LoiolaCamiño Ignaciano
Seguir os pasos do peregrino
Unha proposta de peregrinación que recrea en 27 etapas o camiño que realizou Ignacio de Loiola a Manresa atravesando terras do País Vasco, A Rioxa, Navarra, Aragón e Cataluña. ña
Camiño IgnacianoManresa
A mística de Ignacio
A memoria do santo impregna múltiples recunchos da cidade, con epicentro espiritual na Cova: gruta natural xunto ao río Cardoner, onde Ignacio viviu dez meses de intensa experiencia espiritual.
Cova